Proameixa é unha empresa dedicada ao cultivo de moluscos bivalvos que leva a cabo a súa actividade na ría de Arousa e foi pioneira no cultivo en suspensión de semente de ameixa empregando bateas. Dende 2005, os fundadores desta compañía familiar, grazas á súa vida dedicada ao mar, crearon ferramentas e formas de traballar que lles permitiron optimizar os diferentes aspectos do proceso. Todos os seus coñecementos e paixón pola acuicultura posibilitáronlles partir dende cero e chegar a consolidarse no sector, sendo a empresa de referencia no cultivo de semente de ameixa en Galicia.
En que consiste o traballo de Proameixa?
O traballo que leva a cabo Proameixa comeza coa selección dos reprodutores buscando como resultado unha semente resistente e de calidade. Estes reprodutores son enviados aos mellores criadeiros, nos que se inducen as postas e se leva a cabo o cultivo larvario. Tras alcanzar 1,5-2 mm, as sementes son cultivadas nas bateas repartidas en estruturas como gaiolas e lanternas (un conxunto de bandexas rodeadas por rede tubular, que foi deseñado por Proameixa) ata alcanzar o tamaño óptimo de sementeira. Finalmente, as ameixas seméntanse en parques de cultivo e bancos marisqueiros ata alcanzar o tamaño comercial e con interese de repoboar o medio natural.
Cal é a vantaxe do produto co que traballa Proameixa?
Comprobaron, ao comezo da súa actividade, que a ameixa que se sementaba nos parques procedía directamente dos criadeiros cunha talla inferior a 7 mm, a cal tiña unha supervivencia de aproximadamente o 50%. Ao ver estes resultados, Proameixa decidiu apostar por levar o cultivo ata alcanzar de entre 15 a 20 mm. Esta talla posibilita unha supervivencia en torno ao 95% debido a que un maior tamaño permítelle á ameixa enterrarse mellor no substrato e defenderse dos distintos depredadores existentes na súa contorna e das condicións meteorolóxicas adversas. Sementar nesta talla tamén ten como beneficio un menor tempo de crecemento nos parques.
Expectativas de futuro:
Durante a súa traxectoria, Proameixa sempre tivo como obxectivo ir crecendo con proxectos innovadores co fin de mellorar e ofrecer a mellor calidade posible en todos os aspectos. Actualmente, como expectativas de futuro atópase seguir mellorando o cultivo de semente de ameixa, ademais doutras especies.
Mareas
, |
, |
, |
, |
, |
, |
, |
|||||||
Tempo
CONTROL DE CALIDADE E TRAZABILIDADE
Durante todo o proceso contrólase cada un dos lotes que se cultivan nas bateas analizando parámetros físico-químicos e axentes patóxenos. Ademais, lévase a cabo a trazabilidade das distintas partidas dende a súa entrada ata a saída das bateas. Todos os movementos das sementes van acompañados dos trámites administrativos pertinentes, ofrecendo este servizo aos seus clientes.
Sementes
Estás interesado/a nas nosas sementes?
¡Contacta connosco e fai unha reserva!
Acordamos un día e un lugar e encargámonos da entrega da semente xunto coa documentación necesaria para a sementeira.
OUTRAS ESPECIES
Ameixa fina
Ruditapes decussatus
Ameixa Rubia
Polititapes rhomboides
Ostra plana
Ostrea edulis
Ostra xaponesa
Crassostrea gigas
Vieira
Pecten maximus
Volandeira
Aequipecten opercularis
Zamburiña
Chlamys varia
Orella de mar
Haliotis tuberculata
Contacto
SE TES ALGUNHA DÚBIDA OU QUERES PREGUNTARNOS ALGO, ¡POÑÉMOSCHO FÁCIL!
Teléfonos
Horario
Horario: Luns-Venres de 9:00 a 13:00
Enderezo
Avda. Rosalía de Castro, 214 – Carril
36600 Vilagarcía de Arousa (PONTEVEDRA)
FORMULARIO DE CONTACTO
Poñemos á túa disposición un servizo de atención ao cliente rápido e eficiente para que poidas preguntarnos todo o que che interese saber..
Os teus datos están a salvo connosco porque cumprimos o GDPR (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e esta é a información que debes saber:
- Responsable: PROAMEIXA FERNÁNDEZ S.L.
- Finalidade: Responder á mensaxe que nos envías a través deste formulario (fácil, ¿non?).
- Lexitimación: O teu consentimento para comunicarte connosco.
- Destinatarios: Os teus datos almacenaranse en Dinahosting, o noso provedor de correo electrónico e aloxamento, que tamén cumpre co GDPR.
- Dereitos: Obviamente tes dereito, entre outros, a acceder, rectificar, limitar e eliminar os teus datos.