Proameixa Fernández S.L., empresa líder no cultivo de moluscos bivalvos en batea e na venta de semente de ameixa xaponesa e babosa, ven de obter o certificado ISO 9001:2015 por parte da certificadora alemana TÜV Rheinland. Así, convírtese na primeira empresa do sector en conseguir esta certificación de calidade.
Con este certificado aválase o compromiso da empresa cos máis altos estándares de calidade, que esixen un meticuloso traballo respeto á calidade da semente cultivada, á trazabilidade durante todo o proceso productivo e á calidade do servizo cara os seus clientes. O ámbito de aplicación será o cultivo de ameixa e ostra rizada en bateas (entre 2mm e tamaño comercial) e a súa posterior comercialización.
A implementación deste sistema de calidade permitiralle a Proameixa obter unha ventaxa competitiva no mercado, pois con ela lógrase optimizar o proceso de producción, reducir os costes e aumentar a productividade. Esta certificación tamén nos ofrece un proceso de mellora continua ó longo dos próximos anos, algo que impulsará o dinamismo que caracteriza a Proameixa.
Debido a esta certificación, a partir do 01 de xaneiro de 2025 en todos os nosos documentos de venta (presupostos, albaráns e facturas) aparecerá o certificado xunto co código Qr.